O BNG preguntará no Congreso pola eliminación de dous embarcadoiros no Parque do Seixo

embarcadoiros O Seixo
embarcadoiros O Seixo

Os planos do Ministerio da Transición ecolóxica inclúen a eliminación de dous embarcadoiros no Parque do Seixo (Oleiros)

O BNG preguntará no Congreso se vai proceder a eliminación desta parte da historia da Ría e da nosa memoria colectiva

O BNG preguntará no Congreso pola eliminación de dous embarcadoiros no Parque do Seixo

Ao longo de lustros e varios mandatos, o BNG de Oleiros leva demandando á Demarcación de Costas e Concello de Oleiros o debido amaño dos antigos embarcadoiros da Ría, hoxe abandonados e convertidos en simples foxos ou buratos cheos de lodos, vexetación e todo tipo de residuos.

O BNG de Oleiros comezou a alertar no ano 2009 do mal estado destas antigas estruturas, situadas na parte baixa do Parque do Seixo, na zona máis próxima á beira da ría, e do perigo que representan para a seguridade de persoas e animais, instando desde entón a accións inmediatas como pechar o seu perímetro para impedir o acceso e sinalizalas debidamente.

O Estado hai só uns días anunciaba que ía dar continuidade o paseo coa limpeza de cascallos e todo tipo de restos, tras máis dun ano despois da finalización da obra do paseo da Ría entre Oleiros e Cambre (tan cacarexada e publicitada polo Estado). Do que aínda non sabemos é que pasou coa talla de árbores feita polo Estado, as demandadas zonas de baño para cidadanía e sobre todo o abandono ás mariscadoras desprotexidas no económico cando menos durante xa 36 meses e con Xunta e Estado a pasar a pelota e eludindo as súas responsabilidades para con este colectivo. Pois ben, por se isto non for abondo agora o Ministerio de Transición Ecolóxica anunciou o pasado venres que están expostos os proxectos dos novos treitos do paseo marítimo de Oleiros, tanto na zona do Parque do Paraíso como no previsto para o Seixo ata o límite con Cambre

Os planos do Ministerio da Transición ecolóxica inclúen a eliminación de dous embarcadoiros no Parque do Seixo (Oleiros), dentro do que é a zona verde pública Ría do Burgo.

Nós, BNG de Oleiros e Cambre, xa que están practicamente no límite de ambos Concellos, aínda que pertencen a Oleiros, sempre defendemos a conservación deses embarcadoiros.

Defendemos sempre a súa conservación, non a eliminación como parece van ser os planos do Estado. Cómpre recupéralos, poñelos en valor como parte da historia da Ría, dos traballos que se facían na beira da Ría. Había embarcadoiros por todo o bordo da Ría do Burgo que foron desaparecendo ao longo do tempo.

Para saber se estes son os planos reais do Estado cara o noso Patrimonio e acervo cultural, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, preguntará ao Ministerio da Transición ecolóxica se van proceder a eliminar os devanditos embarcadoiros e as razóns de tal acción sen volta atrás.

O BNG preguntará no Congreso pola eliminación de dous embarcadoiros no Parque do Seixo