Os veciños de Montrove reclaman melloras na seguridade viaria

Montrove_MarcosMiguez_LaVozDeGalicia
Foto de Marcos Míguez para La Voz de Galicia (fonte: La Voz de Galicia)
Os veciños de Montrove reclaman melloras na seguridade viaria

Os graves problemas de seguridade viaria que aqueixan toda a contorna de Montrove, desde Pazo do Río até Lamastelle, veñen de lonxe e representan unha merma na calidade de vida destas veciñas e veciños. A Avenida de Rosalía de Castro ao seu paso por Montrove (vía AC-174, de titularidade autonómica) foi en 2016 un verdadeiro punto negro: a segunda vía (excepción feita da N-VI) que máis accidentes rexistrou.

No BNG - Asembleas Abertas de Oleiros vimos traballando de mans dadas con esta veciñanza, á que tanto agradecemos, desde que comezou a lexislatura e seguirémola apoiando sempre mentres os problemas de mobilidade non teñan solución e as administracións responsábeis non atendan as súas reivindicacións.

Os veciños de Montrove reclaman melloras na seguridade viaria