O atropelo dun cativo no paso peonil da praza de Esther Pita evidencia os graves problemas de seguridade viaria que padece o centro de Santa Cruz
Un neno resultou atropelado este domingo ao mediodía no paso peonil situado entre a praza de Esther Pita e o parque Luís Seoane, no centro da vila de Santa Cruz. Aínda que por sorte todo quedou nun susto, o acontecido pon en evidencia o serio problema de mobilidade que vive, moi agravado polas distintas obras que se están a levar a cabo nos últimos tempos, o centro desta localidade costeira, unha das máis poboadas de Oleiros.
Asemblea aberta en Santa Cruz
Querémoste convidar á asemblea aberta que faremos este martes 2 a partir das oito da tarde no Lar Espazo Aberto de Santa Cruz: querémoste convidar a ti e ás túas ideas; aos teus soños; a ti e ás túas propostas; á túa capacidade creativa de imaxinar un concello para o futuro.
O BNG solicitará acceder aos requirimentos enviados polo Concello de Oleiros á Demarcación de Costas para o amaño dos foxos do Parque do Seixo logo do grave accidente acontecido o pasado venres na zona
Logo do grave accidente acontencido na madrugada do venres 7 ao sábado 8 de setembro no Parque do Seixo, na zona verde próxima ao límite municipal con Cambre, o BNG de Oleiros solicitará con carácter inmediato ao goberno municipal poder acceder ao expediente no que consten todos os requirimentos enviados nos últimos nove anos á Demarcación de Costas para o debido amaño dos antigos embarcadoiros da ría, hoxe abandonados e convertidos en simples foxos ou buratos cheos de lodos, vexetación e todo tipo de residuos.
O BNG de Oleiros conmemora o Día da Galiza Mártir cunha homenaxe aos cesteiros xitanos soterrados no adro da igrexa de Liáns
Os catro artesáns, todos da mesma familia, foron asasinados por un comando fascista. Os corpos apareceron no quilómetro 2 da estrada que vai de Perillo a Oleiros. Dous dos cesteiros tiñan 14 e 16 anos.
O BNG de Oleiros preguntará ao goberno municipal polos usos do Castelo de Santa Cruz
O pasado sábado 7 de xullo á mañá tivo lugar no Castelo de Santa Cruz, sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galiza (CEIDA), un evento de carácter privado totalmente alleo ás actividades divulgativas ou formativas que alí se desenvolven.
Tal celebración, segundo indicaba a decoración colocada na pasarela pola que se accede ao Castelo e segundo puido confirmar o BNG, estivo relacionada co casamento dunha parella. Un feito que sorprendeu á veciñanza de Santa Cruz, pois o Castelo non costuma cederse nin alugarse, dada a natureza das súas actividades, para ningún evento particular ou familiar. De estar contemplada esta posibilidade, sen dúbida moitas serían as parellas, de Oleiros e de fóra, que terían gustado de celebrar a súa voda neste tan emblemático lugar.
O BNG de Oleiros solicita medidas que melloren a seguridade viaria na zona de Franzomel, en Liáns
O BNG de Oleiros aproveitou a súa quenda de rogos no últimpo pleno municipal, celebrado o pasado 26 de abril, para alertar do “punto negro” para a seguridade viaria que supón a intersección das rúas Franzomel, da Xenza e Xardín de Gómez, na parroquia de Liáns, e demandar algún tipo de medida de mellora da visibilidade neste cruzamento.