Satisfacción pola construción da rotonda da Chasqueira, en Iñás

HF29C7F2_19720
Fonte: www.lavozdegalicia.es
Satisfacción pola construción da rotonda da Chasqueira, en Iñás

A aprobación por parte da Deputación da Coruña, na que o BNG é parte do goberno, do proxecto para a construción dunha rotonda no cruce da DP-1707 e a AC- 221, supón a toma en consideración dunha demanda vecinal histórica na zona. Cun tráfico de varios milleiros de vehículos mensuais e sendo o lugar no que ten habido importantes accidentes, é un exemplo da desidia por parte da Xunta en asumir melloras nunha estrada da súa competencia a pesar de que o BNG leva desde o 2009 presentando emendas aos orzamentos galegos para realizar esta actuación tan necesaria. O BNG de Oleiros felicítase da aprobación por parte da Deputación desta obra que contribuirá positivamente a mellorar a mobilidade e a seguridade vial de toda a área.

Satisfacción pola construción da rotonda da Chasqueira, en Iñás