O BNG DE OLEIROS PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN NO PLENO ORDINARIO DE XANEIRO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA GALEGA, QUE SE ENCONTRA NUNHA SITUACIÓN CALAMITOSA DE DIFÍCIL RETORNO POLAS POLÍTICAS DESTRUTIVAS DA XUNTA DO PP

Apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 4 de febreiro

WhatsApp Image 2024-01-18 at 11.13.17

Recortes, desmantelamento de servizos, manipulación das listas de agarda, urxencias hospitalarias colapsadas, abandono dos PAC, precarización e explotación do persoal, externalización, maiores abandonados, inexistencia de abordaxe das doenzas mentais, velaquí a radiografía da sanidade pública galega.

Dende o BNG de Oleiros apoiamos activamente a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro 4 de febreiro en Compostela.

Apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 4 de febreiro

A nosa Corporación municipal ten expresado xa en diferentes ocasións a súa preocupación pola situación e as perspectivas da sanidade pública, tanto no noso Concello como na da Área Sanitaria á que pertencemos. As políticas sanitarias deseñadas polos sucesivos gobernos do PP téñense baseado nos recortes de recursos e orzamento, Centros de Saúde e PAC inaccesíbeis, con relacións telefónicas en lugar de presenciais, masificados,  no desmantelamento de hospitais comarcais, no abandono dos Centros de Atención Primaria, na ocultación e manipulación das listas de agarda onde só se publican as estruturais con urxencias hospitalarias colapsadas, listas de agarda cirúrxica manipuladas con máis da metade dos pacientes ocultos, na precarización e explotación do persoal, recorte  de  camas hospitalarias, privatización e externalización de servizos esenciais, maiores abandonados nas Residencias, derivacións de doentes a centros privados, desatención clamorosa  da saúde mental como o problema dun doente mental abatido recentemente na Coruña e das mulleres, etc. Estas políticas levan a sanidade pública galega a un punto de difícil retorno se non as paramos.

A Xunta do PP e a Consellaría de Sanidade, reduciron os orzamentos sanitarios, recortaron os recursos da Atención Primaria (patentes no recente desbordamento pola gripe estacionaria), paralizaron a actividade dos hospitais públicos multiplicando as listas de agarda, enviando ás persoas enfermas aos centros privados concertados, suprimiron a obrigatoriedade da dedicación exclusiva do persoal médico dos seus propios hospitais para que poidan traballar na privada, desmantelaron áreas sanitarias e tamén os seus hospitais comarcais e mantiveron o persoal nunhas condicións laborais precarias e indignas. Un triunfo do PP nestas eleccións, aínda que non sexan municipais, serviría de apoio e referendo a esta política destrutora do Sistema Sanitario Público.

No noso Concello a situación é idéntica ao resto do país coa necesidade de reforma do PAC de Santa Cruz, a necesaria ampliación do ambulatorio de Mera, a carestía endémica nos servizos de pediatría, as listas de agarda mesmo en medicina familiar, o problema das matronas.... .

Cremos que estamos ante un momento importante, en que a Corporación municipal como representantes do conxunto da cidadanía, indistintamente da forza política á que pertenzan os seus membros, deberiamos traballar conxuntamente para que no noso concello e na Área Sanitaria se poida dispor duns servizos sanitarios públicos de calidade. Non se pode nin se debe admitir o deterioro do noso sistema polos recortes e privatizacións do Sistema Sanitario Público.

Os municipios da Área de Sanitaria e do resto do país necesitan uns servizos públicos de sanidade acordes co desenvolvemento social, cultural e democrático dos tempos actuais.

Por estes motivos, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación municipal apoiar activamente a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro 4 de febreiro en Compostela para reverter todas estas políticas aniquiladoras da sanidade pública do país.

Apoio á manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 4 de febreiro