O BNG LEVARÁ AO PLENO AS DEFICIENCIAS DESTA IMPORTANTE ÁREA

O BNG de Oleiros advirte do estado das beirarrúas arredor do Parque Luís Seoane

Parque Luís Seoane Santa Cruz
Parque Luís Seoane Santa Cruz

Iván Roca portavoz do BNG “Pediremos ao Concello que resolva os problemas antes de agosto e preguntaremos se a razón pode deberse á propia natureza do terreo”

O BNG de Oleiros advirte do estado das beirarrúas arredor do Parque Luís Seoane

O BNG de Oleiros puido ir comprobando nas últimas semanas como gran número das baldosas das beirarrúas que circundan o parque Luís Seoane de Santa Cruz están soltas, bailando.

 

O perigo potencial de accidentes para as persoas viandantes que se pode producir todo o ano agrándase no verán, pois é unha zona na que aumenta moito o número de paseantes, ademais de ser o emprazamento de Alfaroleiros e das súas actividades paralelas en agosto e lugar de paso para moita xente os días das festas da localidade. O BNG entende, pois, que antes de agosto calquera desperfecto na zona debería estar reparado, previa supervisión polos servizos municipais do estado da vía pública.

 

O parque Luís Seoane foi construído nunha zona de braña, un humidal. As abondosas choivas dos últimos meses poderían ser a causa destes desperfectos. O BNG preguntará ao Goberno local se é coñecedor desta situación e dos motivos da mesma e se non sería posíbel que esta supervisión se realice periodicamente para evitar o deterioro das vías públicas alí onde se sabe que a natureza do terreo o poida facer preciso.

O BNG de Oleiros advirte do estado das beirarrúas arredor do Parque Luís Seoane