INSTA O GOBERNO MUNICIPAL A LEVAR A CABO AS MEDIDAS DO PLAN DE MOBILIDADE URBANA SOSTIBLE NESTE EIDO

O BNG de Oleiros presenta unha moción para promover o uso da mobilidade en bicicleta

bici Oleiros
bici Oleiros
O BNG de Oleiros presenta unha moción para promover o uso da mobilidade en bicicleta

O vindeiro domingo, 3 de xuño, a ONU conmemora o día mundial da bicicleta, que se proclamou pola resolución A/72/272, para promover o seu uso, ao ser un medio limpo, económico e sustentábel.

No ano 2022, o Concello de Oleiros aprobou o Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS), que analiza os problemas e propón solucións para mellorar unha das principais preocupacións da veciñanza.

O PMUS, no seu capítulo 5, establece unha delimitación de propostas e obxectivos específicos e comeza por toda unha serie de medidas de fomento e mellora dos desprazamentos en modos non motorizados.

Son 4 as referidas ao transporte en bicicleta:

1.       A 5.1.6. propón unha rede de estacionamentos de bicicletas.

2.       A 5.1.7., un sistema público de alugueiro de bicicletas.

3.       A 5.1.8., a sinalización de itinerarios peonís e ciclistas.

4.       E a 5.1.9., criterios de deseño de rúas, itinerarios peonís e ciclistas.

Até o de agora, o desenvolvemento destas medidas é inexistente ou deficiente.

Por este motivo, o BNG de Oleiros propón mediante unha moción a posta en marcha das medidas de promoción da mobilidade en bicicleta que contempla o PMUS, así como outras de información e fomento do seu uso.

O BNG de Oleiros presenta unha moción para promover o uso da mobilidade en bicicleta