Falamos de vivenda? Coloquio con Alexandra Fernández

acto 9-5-2025
acto 9-5-2025
O venres 9 de maio ás 20 h na Casa Charry
Falamos de vivenda? Coloquio con Alexandra Fernández

Oleiros adoita ser case sempre noticia porque aquí se segue construíndo. Desde a pandemia hai aínda máis obra nova, o crecemento urbanístico non se detén e a poboación aumenta. Con todo, hai tamén unha cara B que dan os propios datos oficiais: seguro que todo o mundo pode vivir aquí? Que pasa coa xente que traballa aquí no sector servizos, no de axuda no fogar ou no dos coidados? E coa mocidade que se quere emancipar se a súa familia non ten unha casa ou un terreo para darlles?

 

Nas últimas semanas puidemos ler informacións en diversos medios de comunicación que fan que a nosa preocupación a respecto da problemática da vivenda no noso concello aumente aínda máis: a suba do prezo do alugueiro e da vivenda nova, ademais da adaptación de baixos comerciais, que se suman ao importante número de vivendas baleiras.

Sobre todos estes datos, e máis, falamos este venres 9 ás 20h na Casa Charry de Oleiros, a carón do Concello, nun acto con forma de conversa aberta. Estará connosco Alexandra Fernández, a nosa portavoz en temas de vivenda no Parlamento da Galiza, e tamén Iria Taibo.

Falamos de vivenda? Coloquio con Alexandra Fernández