O grupo de goberno de Oleiros utiliza os medios públicos para facer crítica política aos grupos da oposición

144259595_3494837010626576_2240531494932360158_n

Este xoves, coincidindo co pleno extraordinario que tivo lugar a petición dos catro grupos da oposición, o grupo do goberno de Oleiros utilizou de xeito partidario os medios de comunicación municipais.

O grupo de goberno de Oleiros utiliza os medios públicos para facer crítica política aos grupos da oposición

A través dunha noticia na páxina web do Concello de Oleiros, de publicacións das contas oficiais municipais en Twitter e Facebook e do boletín electrónico, estanse a lanzar mensaxes con duras críticas ás actitudes e decisións do Bloque Nacionalista Galego.

O BNG está a demandar transparencia no caso da Casa Carnicero, ante as dúbidas que poidan existir pola legalidade da súa demolición urxente no día 31 de decembro. Trátase dun edificio histórico cun gran valor partimonial, polo que continuaremos a demandar información polos medios que están ao noso dispor até que consideremos que o caso ficou esclarecido.

Loxicamente, respectamos e parécenos lexítimo que o grupo de goberno critique os posicionamentos do BNG, mais en ningún caso pode utilizar os medios públicos para facelo. A páxina web do Concello de Oleiros representa unha institución que é de todos e todas, non do partido político que goberna. 

Consideramos que o uso de medios públicos para fins partidistas é extremadamente grave, e esiximos que o grupo de Alternativa dos Veciños rectifique de xeito inmediato e retire estas publicacións.

O grupo de goberno de Oleiros utiliza os medios públicos para facer crítica política aos grupos da oposición