Emendas do BNG aos orzamentos da Xunta
01 feb. 2021 - 14:27
Como en anos anteriores, o BNG presentou a través do noso Grupo no Parlamento de Galiza emendas aos orzamentos da Xunta para este ano 2021 en temas que afectan a Oleiros.
Nesta pequena peza o noso portavoz municipal Xurxo Martínez Caño e a nosa deputada Mercedes Queixas Zas explican algunhas das propostas feitas polo Bloque.
Máis recursos para a sanidade pública, garantir o dereito básico á saúde no momento en que máis se precisa, máis recursos para o ensino público, reforzar o porto de Lorbé como motor económico, un apoio económico decidido ao CEIDA ou a redacción dun Plan de xestión para o Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes.