Recuperar os camiños do mar #DependeDeNós
Dani Rodas, deputado do BNG no Parlamento de Galiza e portavoz de política pesqueira na Cámara, estará en Oleiros este xoves 7 de maio
O portavoz de Pesca do BNG no Parlamento de Galiza Dani Rodas Chapela estará este xoves 7 de maio en Oleiros para compartir o traballo desenvolvido en defensa do sector da baixura e coñecer a realidade das diferentes infraestruturas portuarias que hai no concello, ben como para recoller propostas e demandas do sector:
Ás 17.30 horas, visita ao Peirao de Santa Cruz para coñecer o seu estado e recoller propostas para a súa posta en valor que poder canalizar a través do Parlamento de Galiza
Ás 18.30 horas, encontro en Lorbé con representantes da Confraría e cunha representación da Asociación de Redeiras
Ás 20 horas, acto aberto sobre a actualidade do sector pesqueiro galego e as propostas do BNG-Asembleas Abertas para garantir o dereito a vivir e traballar con dignidade. No Mesón Maruxa de Mera (Serantes).