Reivindicamos a rehabilitación do mosaico de Correa Corredoira no paseo de Santa Cristina

IMG_20241027_115209
IMG_20241027_115209
O pasado domingo xuntámonos en Santa Cristina para reivindicar a rehabilitación do mosaico dos golfiños que decora o tramo do paseo ao fondo da Avenida das Américas, obra do artista Xabier "Tono" Correa Corredoira.
Reivindicamos a rehabilitación do mosaico de Correa Corredoira no paseo de Santa Cristina
Este mural xa conta con algo máis de 30 anos de existencia, e foi creado ao mesmo tempo que o fume do petroleiro Mar Exeo enchía a comarca, unha vez máis. O mural vai padecendo os desperfectos do clima e tamén o que lle vai provocando a acción humana. Se a arte non se coida, perde o seu valor comunitario e é fácil que se degrade, como lle pasa a calquera espazo ou ben público cando non se valora.

Ben nos dixo o Tono, a quen moito agradecemos a súa presenza, que a arte é o único instrumento que pode facer cambiar unha sociedade baseada na dominación por outra baseada na convivencia.

Esta arte reivindicámola desde o BNG de Oleiros, e facemos un chamado social e a todas as autoridades a que colaboren nunha rehabilitación que pode ser rápida e sen moito custo: depende de nós!
Reivindicamos a rehabilitación do mosaico de Correa Corredoira no paseo de Santa Cristina