O BNG leva ao Congreso a restauración do mosaico dos golfiños de Santa Cristina

Néstor Rego
Néstor Rego
O deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha iniciativa para demandar que Costas se faga cargo da restauración
O BNG leva ao Congreso a restauración do mosaico dos golfiños de Santa Cristina

O BNG no Congreso dos Deputados, a través do seu deputado, Néstor Rego, acaba de rexistrar unha iniciativa solicitando que Costas asuma os custos da restauración do mural "27 arroaces e unha estrela", autoría de Xabier Correa Corredoira, que fora instalado no final do paseo de Santa Cristina en decembro de 1992. O departamento de Costas do goberno do Estado fora, daquela, o que asumira o custo da instalación, e por iso agora a formación nacionalista demanda a esta mesma institución a moi demorada restauración.

 

Hai unhas semanas, en compañía do propio Correa Corredoira, o BNG de Oleiros organizou un acto para reivindicar esta restauración, no que o artista explicou o contexto da instalación orixinal da obra, e como considera que se debería facer. O BNG quixo con este acto lembrar a importancia de mantermos en bo estado este tipo de obras, ademais de poñelas en valor e facer o posíbel por que sexan coñecidas por toda a cidadanía, como patrimonio colectivo que son. 

 

O BNG leva ao Congreso a restauración do mosaico dos golfiños de Santa Cristina