Presentamos unha serie de propostas para garantir accesos seguros nos centros públicos de ensino
Diante dun comezo de curso caracterizado pola improvisación da Consellería de Educación da Xunta de Galiza, o BNG de Oleiros presentará no vindeiro pleno unha moción en demanda dunha volta ás aulas segura frente á COVID-19, con plenas garantías hixiénico-sanitarias e con recursos suficientes para asegurar un ensino de calidade en sintonía coas demandas e necesidades das comunidades escolares.
A Consellaría de Educación intentou suprimir unidades de Educación Infantil en centros de ensino de Oleiros
O BNG de Oleiros decidiu iniciar o mes de setembro ollando con especial atención como se está a organizar unha volta segura ás aulas nos diferentes centros educativos do municipio frente á pandemia da COVID-19, polo que se vai dirixir formalmente estes días a todas as ANPAS do concello para recoller as súas opinións, preocupacións e propostas e trasladalas en forma de iniciativas tanto ao Concello como ao Parlamento de Galiza.