Seguimos a campaña das municipais coas “ideas claras”

Durante esta semana e a seguinte, o BNG de Oleiros estará na rúa en todas as parroquias do Concello repartindo o noso programa electoral. Ademais, contaremos coa visita de Ana Miranda o martes 14.

Seguimos a campaña das municipais coas “ideas claras”

Onte sábado o noso candidato á alcaldía, Fran Rei, participou no “encontro de mobilidade” do BNG celebrado no miradoiro dos Castros. Paralelamente, celebrouse un ensobrado na rúa en Santa Cristina.

Hoxe domingo repartiuse o programa electoral en Mera mentras esta tarde haberá ensobrado e reparto en Santa Cruz. Mañá luns, día 13, teremos reparto en Nós, mentras o martes a candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, visitará Oleiros co seguinte horario:

  • 13 horas: visita ás Mulleres Colleiteiras (Polígono de Iñás)
  • 14 horas: visita ao Monumento Natural da Costa de Dexo
  • 15 horas: xantar en Mera
  • 16,30 horas: visita ás redeiras de Lorbé


Remataremos o martes cun novo reparto en Perillo.