Imprimir

Xuntanza de Fran Rei con Xurxo Dopico, decano da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física

bngoleiros | 22 de maio de 2019

Hoxe mércores 22 de maio celebrouse no edificio do InefG (Oleiros)  unha xuntanza de Fran Rei con Xurxo Dopico, decano da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física.

Durante dúas horas , Fran Rei e outros membros da candidatura do BNG de Oleiros mantiveron unha charla con Xurxo Dopico e colaboradores do seu equipo decanal arredor da temática deportiva e a relación do mundo do deporte co Concello de Oleiros, intercambiando experiencias sobre proxectos, infraestruturas e ideas de cara a unha colaboración futura.

A conversa foi satisfactoria, salientando a importancia desta facultade con máis de  oitocentos matriculados no tecido social e económico de Oleiros. Para o BNG, a Facultade de Ciencias do Deporte de Bastiagueiro é algo máis que unhas magníficas instalacións: é un importantísimo laboratorio de ideas e proxectos, cuxo potencial Oleiros debe aproveitar á hora de deseñar a súa política municipal para o ámbito deportivo. Fran Rei estivo acompañado por Iria Taibo, Loli Loureiro, Iván Roca e Uxío Pedreira, todos eles integrantes da lista do BNG nas vindeiras municipais de Oleiros.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/campanhas/xuntanza-fran-rei-xurxo-dopico-decano-da-facultade-ciencias-do-deporte-da-educacion-fisica/20190522213632000964.html


© 2020 BNG de Oleiros

Bloque Nacionalista Galego

Lar Espazo Aberto. 
Rúa Dolores Ibárruri nº6, baixo. 
Santa Cruz de Liáns
15179 Oleiros (GALIZA)
Teléfono: 981555850 (sede nacional - Santiago de Compostela)
Correo: bng.oleiros@gmail.com
Facebook: https://es-es.facebook.com/bng.oleiros
Twitter: https://twitter.com/BNGOleiros