Seguimos a campaña das municipais coas “ideas claras”
Durante esta semana e a seguinte, o BNG de Oleiros estará na rúa en todas as parroquias do Concello repartindo o noso programa electoral. Ademais, contaremos coa visita de Ana Miranda o martes 14.
12 maio 2019 - 18:46
Onte sábado o noso candidato á alcaldía, Fran Rei, participou no “encontro de mobilidade” do BNG celebrado no miradoiro dos Castros. Paralelamente, celebrouse un ensobrado na rúa en Santa Cristina.
Hoxe domingo repartiuse o programa electoral en Mera mentras esta tarde haberá ensobrado e reparto en Santa Cruz. Mañá luns, día 13, teremos reparto en Nós, mentras o martes a candidata ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, visitará Oleiros co seguinte horario:
- 13 horas: visita ás Mulleres Colleiteiras (Polígono de Iñás)
- 14 horas: visita ao Monumento Natural da Costa de Dexo
- 15 horas: xantar en Mera
- 16,30 horas: visita ás redeiras de Lorbé
Remataremos o martes cun novo reparto en Perillo.