Asemblea aberta o mércores 16 de outubro

IMG-20191010-WA0000
Asemblea aberta o mércores 16 de outubro

O vindeiro 10 de novembro hai de novo eleccións ao Parlamento do Estado e, de novo, a oportunidade de que Galiza conte con voz propia. De que falemos de nós, por nós e para nós como pobo, para que nunca máis falen por nós alí onde se toman decisións que afectan ás nosas vidas.

Este vindeiro mércores 16 de outubro a Casa Charry de Oleiros acolle, ás 20.30 horas, un acto público aberto do BNG onde, ademais do noso portavoz local, Fran Rei, participarán a nosa candidata ao Congreso María Xosé Bravo e o noso candidato ao Congreso Néstor Rego. Será un acto con formato de coloquio onde, sen dúbida, o interesante será o diálogo que vos animedes a estabelecer coa nosa candidata e co noso candidato. Agardámosvos!

Asemblea aberta o mércores 16 de outubro