Homenaxe aos heroes do María Elena no peirao de Mera
O próximo domingo 6 de outubro ás 12 da mañá, o BNG de Oleiros celebrará un acto contra a desmemoria en homenaxe aos membros do Sindicato de Pescadores de Mera que no ano 1937 tiveron que fuxir da represión no María Elena.
04 out. 2019 - 12:27
Eran as 4 da mañá do 7 de outubro de 1937. Unha chalana con 7 homes a bordo atraca ao carón do "María Elena J", unha tarrafa de vapor de 15 metros de eslora e 23 tt. de rexistro bruto propiedade de Ramón Juega López, o médico de Mera. CInco deles desembarcan e agóchanse na bodega de proa; os outros dous voltan ao peirao á agarda do resto da tripulación, descoñecedora da operación que se está a preparar. Os agochados eran membros do Sindicato de Pescadores de Mera, adscrito á CNT. O obxectivo: facerse co control do barco e levalo cara á liberdade, lonxe da represión coa que o fascismo batía con saña contra a clase traballadora, tamén en Oleiros. Tiveron éxito e, non sen dificultades, conseguiron chegar ao porto de Saint-Nazaire, na Bretaña. Desde alí voltarían á península, a zonas leais á República (Barcelona, Valencia). Despois da Guerra, a maioría deles botarían anos presos.
O BNG de Oleiros ten na recuperación da memoria histórica local un dos piares do seu traballo. Queremos agora recuperar unha historia que nos pertence colectivamente, a da xente de Oleiros que traballaba do mar e que se organizou para traballar no mar con dereitos e con dignidade; a que desde o mar soñou con construír unha sociedade máis xusta e libre. Queremos honrar a memoria destes homes e destas mulleres que souberon resistir e organizarse contra a gadoupa fascista que os quixo domesticar e, se non, liquidar. Unha historia, por certo, á que non nos tería sido posíbel chegar se non fose polo traballo investigador previo do colectivo cultural de Mera Clube náutico punta bufadoiro ou do noso veciño Carlos Velasco Souto, historiador e autor do libro A represión franquista en Oleiros.
Este domingo, en Mera, ao pé do peirao, honraremos a memoria destes heroes libertarios do María Elena, un día antes de que se fagan 82 anos deste capítulo da nosa historia. Será un acto alegre e festivo, conducido por Xurxo Souto e coa palabra poética de Xosé Iglesias e Teresa Ramiro, que ademais tamén son traballador e traballadora do mar da Coruña e do mar de Oleiros. Tamén nos acompañará Carlos Velasco para nos falar algo máis desta historia, nunca máis silenciada.