A FORMACIÓN NACIONALISTA DETECTA UN NOVO FOCO DE RESIDUOS NAS PROXIMIDADES DO BOSQUE DOS VECIÑOS, EN LIÁNS

Detéctanse vertedoiros incontrolados en distintas partes do concello

lixo_Bosque_dos_Veciños

O BNG de Oleiros instará de novo no próximo pleno ao goberno municipal a actuar “coa máxima urxencia e tamén coa máxima contundencia” contra os vertedoiros de residuos incontrolados en distintas zonas de monte do municipio.

O portavoz nacionalista, Fran Rei, fíxoo xa no pleno celebrado o pasado mes de xaneiro ao alertar de vertidos ilegais de residuos procedentes de obras na zona verde pública situada na costa entre Breixo e Canide ou na fraga do Bañil, en Liáns, neste caso con electrodomésticos incluídos, entre eles un televisor. “Será para que os xabaríns se vexan na Galega”, ironizaba entón Rei, que advertía que no Bañil os residuos seguían colocados “exactamente na mesma posición seis meses despois”.

Desta vez, o BNG ten localizado un novo vertido de residuos, formado sobre todo por restos plásticos e pneumáticos, nun espazo lindeiro co Bosque dos Veciños, en Liáns, concretamente na zona situada detrás do estadio de atletismo de Bastiagueiro.

A formación nacionalista instará de novo ao goberno municipal para que extreme o seu labor de vixilancia sobre o cumprimento da lexislación ambiental sobre a xestión dos residuos voluminosos e para que actúe con firmeza contra os infractores, tanto en terreos de titularidade pública como naqueles que sexan de titularidade privada.

Detéctanse vertedoiros incontrolados en distintas partes do concello