O BNG de Oleiros presentará unha moción no vindeiro pleno instando á implantación dun Protocolo de actuación contra a violencia sexual machista no lecer nocturno e en eventos multitudinarios no concello

316414102_511178991040481_3891563915721256639_n

O Protocolo ten que proporcionar unha atención prioritaria á persoa agredida e un procedemento estandarizado para actuar en caso de agresión. Tamén deberá incluír a necesaria formación do persoal do lecer nocturno e a coordinación co SERGAS e coas forzas e corpos de seguridade.

O BNG de Oleiros presentará unha moción no vindeiro pleno instando á implantación dun Protocolo de actuación contra a violencia sexual machista no lecer nocturno e en eventos multitudinarios no concello

Dacordo co Informe sobre sexualidade das mulleres novas publicado polo Instituto das Mulleres en xuño pasado, o 60,7% das mulleres entre 18 e 25 anos declara ter padecido medo de que alguén puider ter exercido algún tipo de violencia sexual sobre elas nos espazos públicos, e até un 41,6% sentiu temor en lugares de lecer nocturno.

Presuntas agresións sexuais producidas nos últimos tempos acreditan que a implantación de Protocolos que establecen a actuación inmediata e estandar¡zada en espazos de lecer nocturno ou aglomeracións sociais, posibilitan a atención e protección inmediata das vítimas e a recabación do maior número de evidencias posíbeis de cara o ulterior proceso policial e penal. O Protocolo debe fixar e atender esta dupla vertente de protección integral á vítima e comportamento do persoal do local de cara identificación do presunto agresor e evidenciar o acontecido. A protección integral á vítima incluirá a necesaria colaboración co SERGAS de cara a paliar as consecuencias físicas e psicolóxicas da agresión, así como a garantir unha total identificación e conservación dos indicios da agresión.

O BNG instará ao Goberno Local a través dunha moción, que se presentará no pleno do mes de febreiro, a aprobar a elaboración e posta en marcha dunha campaña que implique aos locais de lecer nocturno e que inclúa un protocolo de prevención e actuación perante calquera agresión machista, incluíndo a inprescindíbel formación e concienciación de todo o persoal que traballa nestes locais. A formación deberíase facer extensiva aos membros da Policía local. Instará igualmente a que aprobe a financiación correspondente e a que se realice con cargo aos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Instarase de igual xeito ao Concello de Oleiros a que en cada festa ou celebración multitudinarias haxa máis dun lugar de atención, información e axuda fronte ás agresións machistas, situados en diferentes ubicacións. Alén de contar con profesionais formados para o acompañamento e asesoramento ante este tipo de agresións.

Con esta moción tratamos de colocar ao Concello de Oleiros á cabeza da loita contra as violencias machistas. Porén, tamén é necesaria a implicación absoluta da Xunta da Galiza, provendo dos fondos necesarios para este tipo de medidas e implantando un Plano Integral a nível nacional para facer fronte á violencia machista en lugares de lecer nocturno.

O BNG de Oleiros presentará unha moción no vindeiro pleno instando á implantación dun Protocolo de actuación contra a violencia sexual machista no lecer nocturno e en eventos multitudinarios no concello