O BNG de Oleiros solicitou ao Goberno Local que deixe de utilizar contas oficiais do Concello para «sinalar» persoas (cidadanÃa ou persoal do Concello)
O Concello de Oleiros denunciou que o pasado mes de agosto unha veciña, sinalada con datos moi concretos sobre a súa identidade, era a responsábel do depósito de grandes cantidades de cartón e outros residuos no exterior dos caldeiros do lixo na rúa Gutiérrez Mellado. Esta non é a primeira vez que dende o Concello se procede deste xeito, tendo sinalado publicamente tanto cidadáns e cidadás como a persoal do Concello.
Dende o BNG censuramos estas actitudes absolutamente incÃvicas dunha pequena parte da cidadanÃa, que deben ser investigadas, dando lugar aos procedementos e sancións que no seu caso puideren proceder.
Porén, do que discrepamos absolutamente é que dende contas de Organismos oficiais como o Concello de Oleiros se fagan xuÃzos paralelos e se sinale cidadáns ou cidadás que presumibelmente puideran ter infrinxido algunha ordenanza administrativa. Para estes casos xa existen procedementos con todas as garantÃas legais e regulamentarias necesarias, entre elas que a súa condición sexa reservada fronte a terceiras persoas e que non dea lugar a ningún linchamento ou escarnio público.
Rogamos ao Concello que se limite a aplicar unicamente os procedementos legais establecidos, evitando os perigosos «xuÃzos paralelos». Ademais, lembramos que as únicas sancións válidas son as legalmente tipificadas, sen que o escarnio público exista como sanción en ningún réxime democrático.