BNG_Oleiros
Novas
Francisco_Miguel_Fernández_Moratinos_1897-1936_autorretrato

O BNG propón homenaxear o pintor represaliado Francisco Miguel e á súa familia

O BNG oleirense propón ao goberno municipal da Alternativa dos Veciños “implicarse” activamente na busca de descendentes da familia do artista e xestionar a traída dos restos de Syra Alonso desde México

Francisco Miguel, Syra Alonso e os seus tres fillos vivían en Santa Cruz cando viñeron prender o pintor para “pasealo”. O BNG de Oleiros leva varios anos propondo homenaxear a súa memoria

Ler novas
Novas
Oleiros candidatura

Rematou a campaña... Grazas a todas e todos!

Hoxe damos por finalizada con moito éxito, ao noso parecer, a campaña electoral que levamos desenvolvendo estas dúas últimas semanas co obxectivo de situar o BNG de Oleiros no goberno municipal.

Durante estes días intentamos facervos partícipes e darvos a coñecer a todos os veciños e veciñas as nosas ideas, os nosos obxectivos e as melloras que cremos que poderiamos levar a cabo se nos dades a oportunidade de ter un lugar no Concello.

O urbanismo e a mobilidade son, desde o noso punto de vista, os dous temas principais que ten que abordar e corrixir Oleiros con urxencia para que o noso futuro sexa cada vez mellor. Por este motivo, os actos principais da nosa campaña electoral estiveron ligados a estas cuestións. O 13 de maio estivemos en Xaz, lugar representativo de como é desde hai xa moito tempo o urbanismo que busca o Concello de Oleiros: grandes urbanizacións que acaban con zonas naturais e que só suman unha cantidade de habitantes que, en xeral, non se corresponden cos servizos dispoñíbeis. Ligado a isto, e tamén na parroquia de Dorneda, achegámonos o día 19 (como tanto tempo levamos facendo) ao Couto para apoiar as protestas da súa veciñanza. Porén, outros moitos puntos do municipio poderían ser un claro exemplo de como se podería mellorar a mobilidade grazas, principalmente, á creación de alternativas ao vehículo privado.

Organizamos tamén dous encontros moi importantes para nós: con comerciantes e con persoas e colectivos preocupados polo noso ambiente. Estes encontros servíronnos para engadir propostas ao noso programa, mais tamén para reforzar a nosa idea de que os grandes problemas de Oleiros están totalmente relacionados entre eles: é preciso revisar o modelo de urbanismo, o transporte, o medio ambiente e o emprego, mais tamén o forte vínculo entre estas áreas. Se unha parte importante das persoas que viven en Oleiros traballan noutros concellos da nosa comarca, precisarán desprazarse con máis frecuencia, coas consecuencias que isto ten para o transporte e para o medio ambiente, e tamén é moi probábel que o seu lecer ou as súas compras estean teñan lugar fóra. O que queremos, e despois desta campaña dun xeito aínda máis decidido, é un concello que se afaste dos récords de licenzas urbanísticas ou desprazamentos en vehículo privado.

Alén disto, tamén con certeza nos puidestes ver a diario en todas as parroquias dando a coñecer o noso programa. Gozamos moito destas reunións porque, ademais do marabilloso ambiente de traballo que temos entre nós, tamén nos deron pé a xuntármonos con todas as persoas que vos achegastes a nós para darnos a coñecer as impresións, tanto positivas como negativas, que nos ofrecedes. As sensacións que tivemos estas dúas semanas foron moi boas e, por tanto, cremos e desexamos que os resultados acompañarán.

Xa para rematar, queremos agradecer a todos e todas os que colaborades con nós, e moi especialmente ao noso candidato, o voso incansábel traballo. Case chegou o día e só vos pedimos que acompañedes e apoiedes este domingo a Iván e a todo o noso grupo votando BNG en Oleiros, pois Oleiros merece máis!

 

 

Ler novas
Novas
1. Iván

O BNG optou por non levar ao pleno ningún asunto non urxente

O BNG de Oleiros fixo ver no pleno a súa postura en relación cos anuncios e temas non urxentes a uns días das eleccións, anunciando que non presentaría ningunha proposta «por respecto á veciñanza». Dado que o derradeiro pleno tivo lugar a tan só 3 días dunhas eleccións, no BNG de Oleiros consideramos ilóxico levar asuntos a un pleno que pode mudar absolutamente en cuestión de días. Entendemos que levar asuntos que non sexan urxentes ou que dependan da planificación ou de posicionamentos políticos é pouco respectuoso co proceso electoral que vai ter lugar esta mesma semana.

 

Por iso, tampouco Iván Roca quixo facer valoracións políticas en relación con asuntos como o «novo» auditorio de Bastiagueiro, que volve ser tema do pleno durante a propia campaña electoral. A única intervención de Roca neste asunto foi para indicar o noso rexeitamento a que se traten estes temas cando os partidos políticos estamos a demandar á cidadanía o seu apoio e non se trata dunha cuestión que requira atención inmediata.

 

O noso concelleiro e candidato á alcaldía para as eleccións do próximo domingo, Iván Roca, aproveitou para agradecer o traballo dos concelleiros e concelleiras que non se presentan a esta convocatoria.

Ler novas