Propostas e demandas do BNG nos últimos Plenos de Oleiros

Concello
Concello
A solicitude de persoal técnico de medio ambiente, unha pregunta sobre o futuro de Nostián, demanda de información sobre un vagón presente durante anos na AC-173, petición do arranxo urxente e revisión xeral do estado das beirarrúas
Propostas e demandas do BNG nos últimos Plenos de Oleiros

O BNG de Oleiros adoita recibir propostas e reclamacións da veciñanza, que trasladamos e tramitamos de diferentes xeitos. Estas son algunhas das que transmitimos nos últimos plenos municipais:

BNG de Oleiros achamos imperiosa que na RPT do Concello existan prazas para técnicas de Medio Ambiente nesta área que é a que máis diñeiro dispón nos orzamentos do Concello. Intervencións invasivas como as que se están a producir en zonas tan sensíbeis como no Monumento Natural do Concello e noutros lugares, obrigan  que as autorizacións que se vaian a autorizar no futuro por parte do Concello, sexan avaliadas tamén dende unha perspectiva medio ambiental e non só de orde pública ou con finalidades exclusivamente publicitarias ou propagandísticas. Solicitaremos pois ao Concello que teña en conta a necesidade deste tipo de especialistas en Medio Ambiente.

Sete alcaldesas e alcaldes e unha tenente de Alcalde do Consorcio As Mariñas mantiveron o 5 de outubro un encontro en María Pita para a posta en común das liñas de acción que determinarán a próxima licitación do servizo de tratamento de residuos centralizado na planta de Nostián (quinto contentor). O Alcalde non asistiu após non ter sido elixido como presidente do Consorcio e amosar as súas sospeitas sobre un pacto secreto para eliminar Nostián polo valor do solo onde está ubicada a planta, polo que nos interesamos por estas afirmacións das sospeitas de querer eliminar Nostián entre PSOE e o presidente do Consorcio cunha presunta finalidade tan cobizosa.

En Lourido, na AC-173, existe dende hai varios anos un mamotreto sen uso, teoricamente destinado á promoción inmobiliaria. Aínda que estea nunha leira privada está lindando coa vía pública, entendemos que ese vagón non pode estar aí por ser contrario ás normas sectoriais. Pediremos información ao Alcalde para saber se o Concello requiriu por escrito á promotora, cantas veces e se foi sancionada por este motivo.

A veciñanza púxonos en alerta sobre o estado dalgunhas beirarrúas; concretamente na rúa Dolores Ibarruri, na praza que está cruzando coa rúa Garrucha, xunto á zona de carga e descarga. Esta situación xa ten provocado tropezóns e pequenos incidentes que, por agora, non tiveron maiores consecuencias, pero que poderían telas. Pediremos ao Goberno local o seu arranxo urxente, alén dunha unha revisión xeral do estado das beirarrúas.

Propostas e demandas do BNG nos últimos Plenos de Oleiros