O BNG impulsará desde o Concello políticas públicas claras para a dinamización da economía local
O Bloque propón converter o Centro Municipal de Formación no "motor coordinador" dunha estratexia de creación de emprego orientada á creación de cooperativas e á economía social. A candidatura encabezada por Fran Rei tamén propón crear un "observatorio" municipal para a acción social, que recolla e analice datos propios para orientar as políticas municipais.
Unha nova "estratexia verde" para Oleiros, tema central do noso programa
A candidatura encabezada por Fran Rei cre necesario planificar políticas públicas que opten por non seguir "presionando" o territorio. Fran Rei: "Oleiros foi pioneiro en impulsar políticas ambientalistas desde o eido local; hai que recuperar o espírito de Biotopo e proxectar ese 'legado verde' cara ao futuro para que o recolla a xente nova".
Transparencia, participación e calidade democrática
O noso concello precisa un maior coidado nos ámbitos da transparencia e a participación cidadá. A veciñanza debe poder intervir dun xeito máis directo nas decisións que nos afectan, mais o funcionamento do Concello e de todas as súas áreas debería ser máis claro e transparente.
O BNG de Oleiros reclama unha nova política de vivenda
A función social da vivenda e o dereito a acceder a esta carecen de valor diante dun sistema que a considera un simple ben de consumo suxeito ás leis do mercado. O BNG desenvolverá unha política de vivenda que dea prioridade aos alugueiros sociais e promova o uso das vivendas baleiras ou deshabitadas.
Visita a Oleiros da eurodeputada Ana Miranda
No día de hoxe, a eurodeputada e candidata ao parlamento europeo Ana Miranda visitou o Concello de Oleiros acompañada por Fran Rei, candidato á alcaldía, e outros membros da candidatura municipal.
Seguimos a campaña das municipais coas “ideas claras”
Durante esta semana e a seguinte, o BNG de Oleiros estará na rúa en todas as parroquias do Concello repartindo o noso programa electoral. Ademais, contaremos coa visita de Ana Miranda o martes 14.
O BNG sitúa no cruce do Sol y Mar, en Perillo, o 'quilómetro cero' da súa campaña electoral
Querendo emular cunha "versión de andar por casa" a célebre foto dos Beatles en Abbey Road, escollemos a avenida das Mariñas para comezar a campaña electoral por ser o epicentro os serios problemas de mobilidade que padece Oleiros e toda a área metropolitana.
O BNG presentou esta mañá un programa electoral de “ideas claras” para que Oleiros funcione “ aínda mellor”.
Hoxe, mércores 8 de maio, o BNG presentou en Santa Cruz o seu programa para as eleccións municipais do 26 de maio. No acto explicouse o proceso de elaboración do programa que arrincou hai meses coa celebración de asembleas abertas en todas as parroquias e a apertura dunha páxina web nas que a veciñanza pode realizar as súas propostas.
Podes ver o programa completo pulsando aquíNovas agresións ao medio no Monumento Natural da Costa de Dexo
Sucédense as agresións á biodiversidade e ao patrimonio no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, espazo protexido que fai parte da Rede Natura 2000.
O atropelo dun cativo no paso peonil da praza de Esther Pita evidencia os graves problemas de seguridade viaria que padece o centro de Santa Cruz
Un neno resultou atropelado este domingo ao mediodía no paso peonil situado entre a praza de Esther Pita e o parque Luís Seoane, no centro da vila de Santa Cruz. Aínda que por sorte todo quedou nun susto, o acontecido pon en evidencia o serio problema de mobilidade que vive, moi agravado polas distintas obras que se están a levar a cabo nos últimos tempos, o centro desta localidade costeira, unha das máis poboadas de Oleiros.