Demandas do BNG sobre os orzamentos de Oleiros para 2024

calculadora
calculadora

O BNG pide, máis unha vez,  coñecer as propostas veciñais que se formularon ao proxecto de Orzamento Municipal para 2024

 

 

O portavoz municipal nacionalista considera “natural” que todos os grupos coñezan as propostas achegadas polas entidades para poder contrastar a súa incorporación ao proxecto de Orzamento

 

O BNG proporá regulamentar o proceso participativo nos orzamentos municipais, creando mecanismos claros, iguais e transparentes para achegar ideas ou propostas e ter garantía de que todas sexan atendidas e respondidas en tempo e forma

Demandas do BNG sobre os orzamentos de Oleiros para 2024

As primeiras eivas que detectamos nos orzamentos deste ano, como vén sendo xa habitual, prodúcense xa no mesmo proceso encamiñado á elaboración dos mesmos, na información  á cidadanía e ao tecido asociativo, na información ao resto de representantes populares elixidos polo Pobo de Oleiros, na participación popular, na apertura dun procedemento participativo onde os colectivos poidan defender e xustificar as necesidades que teñan.

Os grupos políticos recibimos a proposta de orzamentos 9 días antes do pleno onde se consideran os mesmos. Difícil, ao non dispormos dos medios técnicos nin humanos que ten o goberno municipal para elaborar a súa proposta de orzamentos, que poidamos cumprir co máximo rigor as nosas funcións nestas circunstancias e con tan cativa marxe, porén por parte do BNG non vai ficar.

A través de diferentes canles informativas, o goberno municipal de Oleiros explica como cada ano dirixe un escrito aos diferentes colectivos sociais do municipio para que fagan chegar as súas propostas ao proxecto de orzamento municipal. Posteriormente, o mesmo executivo adoita convocar un acto público con estes colectivos para lles presentar as liñas globais do proxecto orzamentario que logo leva ao Pleno para a súa aprobación. O encontro deste ano tivo lugar na esta semana.

Tampouco sabemos pois, como foi a información das liñas básicas do orzamento, que o Alcalde fai todos os anos, ás asociacións culturais, deportivas, veciñais ou educativas. A todas as que hai en Oleiros? Pois non se sabe. Como tampouco se sabe cales son as achegas ou solicitudes que estas entidades fan ao proxecto de orzamento cada ano. O BNG acha fundamental que tanto as entidades sociais (TODAS) como as veciñas e veciños no seu conxunto reciban invitación a participar na elaboración do orzamento municipal. De feito, tan ben nos parece que cremos necesario regulamentalo: é dicir, crear mecanismos claros, iguais e transparentes para achegar ideas ou propostas e ter garantía de que todas sexan atendidas e respondidas en tempo e forma. Estabelecendo prazos temporais claros e dando todas as facilidades posíbeis para a participación. Hai modelos participativos noutros concellos; non os hai por que copiar, mais pódese aprender deles, adaptándoos á nosa realidade.

Por iso algo básico para nós, que cremos que un orzamento municipal debe partir dun proceso realmente participativo, é podermos coñecer o contido das propostas que entidades e persoas achegaron ao proxecto contábel do goberno local para algo tan básico e normal como contrastar esas achegas coas que aparecen no documento, comprobarmos que están e podermos preguntar, se fose o caso, por que non se engadiron as que se achegaron e non aparecen.

O concelleiro nacionalista de Oleiros, Iván Roca, solicitará  información sobre as propostas que as diferentes entidades culturais, veciñais, deportivas ou educativas de Oleiros achegaron no proceso previo á elaboración do proxecto de Orzamentos Municipais para 2024, que o vindeiro xoves debaterá o Pleno.

Demandas do BNG sobre os orzamentos de Oleiros para 2024