Eliminación das pintadas homófobas do IES Miraflores
O que hai que facer é facer!
Un grupo de compañeiras e de compañeiros do BNG achegámonos ao IES Miraflores de Oleiros para eliminar as pintadas homófobas que, desde hai varios anos, lixaban a entrada principal a este centro de ensino público do noso concello. En todo este tempo descoñecemos se as administracións públicas fixeron ou deixaron de facer algo para quitalas: o certo é que seguían alí. Despois desta acción só queda unha desas mensaxes un pouco máis arriba do instituto, nun portalón que xa pertence a unha finca privada, a poucos metros, por certo, da Casa do Concello ou da Policía Local.
Nós non queriamos seguir máis tempo limitándonos a pasar por diante do Miraflores e indignarnos sen facer nada: había que dar un paso máis. A pintada homófoba aparecida hai uns días á porta do Neira Vilas de Perillo, por sorte xa eliminada, animounos.
Por un Oleiros libre de toda mensaxe de odio. A diversidade é o único camiño!