O BNG presentará alegacións ao novo proxecto de Decreto da Xunta da Galiza para a protección da Costa de Dexo
O novo Decreto supón unha mellora na dirección das demandas históricas do BNG de Oleiros, mais é preciso garantir a protección do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes
Iván Roca, concelleiro do BNG: “Porén, o proxecto non é garantista abondo, polo que presentaremos alegacións para impedir a continuidade de determinadas actividades incompatíbeis e a redución da superficie do Monumento”