Seguimos a campaña das municipais coas “ideas claras”
Durante esta semana e a seguinte, o BNG de Oleiros estará na rúa en todas as parroquias do Concello repartindo o noso programa electoral. Ademais, contaremos coa visita de Ana Miranda o martes 14.
O BNG de Oleiros traslada ao debate parlamentario sobre os Orzamentos da Xunta para 2019 propostas para o municipio por valor de 4 millóns de euros
Un ano máis, o BNG de Oleiros vén de trasladar ao Parlamento de Galiza toda unha serie de propostas de investimento para o municipio no marco do debate do proxecto de Orzamentos da Xunta para o ano 2019 que estes días está a ter lugar na Cámara galega.
O BNG de Oleiros denuncia a grave situación de risco para a mobilidade a pé nas rúas Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo, en Dorneda
Ambas as dúas rúas (Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo) carecen de calquera mínima beirarrúa ou beiravía que permita o paso coas necesarias garantías de seguranza a pé. O tránsito de persoas tense que desenvolver integramente na calzada, polo que cando dous vehículos (un en cada sentido) coinciden na Rúa Manuel Pardo de Andrade con algún peón a seguranza na vía convértese en totalmente inexistente, véndose obrigados os coches a deterse. O mesmo acontece na Rúa Santo Domingo, onde a convivencia entre viandantes e vehículos no único sentido da vía é imposíbel.
O BNG de Oleiros demanda a revisión periódica da rede semafórica do municipio para evitar avarías
É xa un lamentábel “clásico” que, cada certo tempo, o semáforo que regula o paso peonil na Avenida das Mariñas, na zona de Beiramar, se avaríe e a veciñanza da zona teña que arriscar literalmente a súa vida para cruzar a AC-12 na que é a única pasadeira habilitada nunha ampla zona na que residen unhas 4.000 persoas e hai un importante número de centros de traballo e negocios con venda ao público.
O BNG secunda a mobilización do sábado na Delegación do Goberno, facendo fincapé na necesidade de priorizar un transporte público intermodal sobre o cemento, o asfalto e o formigón
O BNG apoia a convocatoria realizada para este sábado 13 ás 12:30 diante da Delegación do Goberno na Galiza en defensa dunha mellora integral na mobilidade da Coruña e a súa comarca.
O BNG de Oleiros cre que o Ministerio de Fomento carece dunha estratexia global de mobilidade para o tramo urbano da N-VI
Unha vez coñecida onte a publicación no BOE da saída a exposición pública do proxecto de reordenación do tránsito na zona do cruzamento do antigo Sol y Mar, en Perillo, o BNG de Oleiros estuda xa os detalles do proxecto dado a coñecer polo Ministerio de Fomento con vistas a presentar alegacións propias, se fose o caso, ou apoiar aquelas que puidesen chegar a promover veciñanza ou colectivos sociais.
Concentración e mesa redonda a favor da humanización da Avenida das Mariñas
A Plataforma pola humanización da Avenida das Mariñas vén de convocar dous actos para esta fin de semana na defensa da humanización do tramo da N-VI que pasa por Perillo.
Bota a andar, a Plataforma pola Humanización da Avenida das Mariñas
Despois de dúas asembleas veciñais abertas celebradas na Praza de Agramar de Perillo xa está constituída e en marcha a Plataforma pola Humanización da Avenida das Mariñas, formada por veciñas e veciños de Perillo e outras zonas de Oleiros con decisión de pasaren á acción e retomaren as mobilizacións contra o abandono, o desleixo, as escusas e as mentiras a que as diferentes administracións -especialmente o Ministerio de Fomento do Goberno de España- teñen condenado esta parte do noso concello desde hai polo menos unha década.
O BNG de Oleiros propón emendas aos Orzamentos da Xunta para 2018 por valor de 7 millóns de euros
Un ano máis a asemblea local do BNG – Asembleas Abertas de Oleiros vén de elaborar emendas propias ao proxecto de Orzamentos da Xunta de Galiza para 2018 para o seu traslado ao Parlamento durante o proceso de debate e tramitación das contas autonómicas.