O BNG presentou esta mañá un programa electoral de “ideas claras” para que Oleiros funcione “ aínda mellor”.
Hoxe, mércores 8 de maio, o BNG presentou en Santa Cruz o seu programa para as eleccións municipais do 26 de maio. No acto explicouse o proceso de elaboración do programa que arrincou hai meses coa celebración de asembleas abertas en todas as parroquias e a apertura dunha páxina web nas que a veciñanza pode realizar as súas propostas.
Podes ver o programa completo pulsando aquíO BNG de Oleiros propón deseñar para próximos anos unha programación municipal ampla, ambiciosa e diversa arredor do Día do Orgullo LGTBIQ+
O BNG de Oleiros alégrase de que o municipio por fin comece a dar pasos simbólicos para visibilizar o Día do Orgullo, data que conmemora a revolta homosexual no Village neoiorquino en 1969, logo de propostas nesa mesma dirección que, formuladas en lexislaturas anteriores, nunca foran atendidas. O Bloque anima, non obstante, o goberno municipal oleirense a dar “máis pasos adiante” e a comezar a traballar de cara a anos futuros nunha programación municipal LGTBIQ+ ambiciosa, diversa nas súas expresións e dirixida ao conxunto da veciñanza.
Charla informativa sobre a nova Lei de Benestar Animal de Galiza
Este venres 2 de febreiro ás 20.30 horas agardámosvos no local de Xanzá, en Santa Cruz (Rúa Ricardo Cubeiro, frente ao Portocovo e ao Centro Cívico), para termos un primeiro coloquio sobre a nova Lei de Benestar Animal de Galiza e o seu impacto en Oleiros.
O BNG de Oleiros propón aproveitar a renovación da sinalización das fontes para eliminar de vez a simboloxía fascista que persiste na fonte pública do Río da Loba
Por sorte, en Oleiros a presenza de símboloxía fascista ou nomes asociados á ditadura franquista está erradicada dos espazos públicos en moita maior medida que noutros municipios galegos desde hai anos. Non obstante, chama a atención, precisamente pola súa excepcionalidade, a persistencia do emblema falanxista do xugo e as frechas na fonte pública coñecida como do Rabuñeiro, situada na zona do Río da Loba, en Oleiros.
O BNG secunda a mobilización do sábado na Delegación do Goberno, facendo fincapé na necesidade de priorizar un transporte público intermodal sobre o cemento, o asfalto e o formigón
O BNG apoia a convocatoria realizada para este sábado 13 ás 12:30 diante da Delegación do Goberno na Galiza en defensa dunha mellora integral na mobilidade da Coruña e a súa comarca.
O BNG propón un plan municipal de apoio á feira de Oleiros, a única de carácter estábel que pervive no municipio
A mañá de cada día 6 e cada día 24 de mes séguese a celebrar feira en Oleiros, na contorna da Praza da Rabadeira da capital municipal. Unha feira na que no seu día mesmo se chegou a vender gando, como recordan aínda algunhas persoas, mais que hoxe en día sobrevive a duras penas, moi minguada nas súas dimensións e na súa oferta.
Gran preocupación veciñal diante do comezo das obras do sifón da Pasaxe e o posíbel caos no acceso á Coruña
As consecuencias directas sobre a mobilidade que van ter as obras do chamado “sifón” da Pasaxe están a causar, como era de agardar, unha importante preocupación na veciñanza de Oleiros e na de toda a comarca.
O BNG de Oleiros chama a veciñanza a acudir ás asembleas do luns e mércores para informar das obras do “sifón” da Pasaxe
O BNG de Oleiros fai un chamamento a toda a veciñanza a participar activamente nas asembleas informativas convocadas polo goberno municipal, este luns día 9 nas Torres de Santa Cruz e o mércores 11 no auditorio da Fábrica de Santa Cristina, onde se agarda que se expliquen con detalle todos os cambios de tráfico que se producirán nos próximos meses con motivo das obras de construción do chamado “sifón” da Pasaxe.