O BNG non presentará candidatura propia e absterase na elección de Ángel García Seoane como alcalde de Oleiros por novena vez
O BNG anima a toda a veciñanza a acudir este sábado ás 12 ao pleno convocado no auditorio da Fábrica, en Santa Cristina
O BNG anima a toda a veciñanza a acudir este sábado ás 12 ao pleno convocado no auditorio da Fábrica, en Santa Cristina
Sucédense as agresións á biodiversidade e ao patrimonio no Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, espazo protexido que fai parte da Rede Natura 2000.
No marco do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, celebrado este 20 de xuño en todo o planeta a instancias da ONU, o portavoz municipal do BNG de Oleiros, Fran Rei, vén de se dirixir por escrito á Concellaría de Cooperación do Concello de Oleiros, que dirixe Margarita Figueroa, para saber se o goberno municipal está a traballar nalgunha iniciativa que permita facer de Oleiros concello acolledor de persoas refuxiadas, ben no marco do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, de cuxa comisión executiva é membro o noso municipio, ben a través da FEMP, da FEGAMP ou dalgunha outra estrutura.
Ambas as dúas rúas (Manuel Pardo de Andrade e Santo Domingo) carecen de calquera mínima beirarrúa ou beiravía que permita o paso coas necesarias garantías de seguranza a pé. O tránsito de persoas tense que desenvolver integramente na calzada, polo que cando dous vehículos (un en cada sentido) coinciden na Rúa Manuel Pardo de Andrade con algún peón a seguranza na vía convértese en totalmente inexistente, véndose obrigados os coches a deterse. O mesmo acontece na Rúa Santo Domingo, onde a convivencia entre viandantes e vehículos no único sentido da vía é imposíbel.
O BNG de Oleiros recupera para o pleno municipal que se celebra mañá xoves 26 de abril a proposta, xa formulada noutras ocasións, de dedicar algún espazo público do concello a dous feitos históricos que se conmemoran, precisamente, hoxe e mañá: a revolución que marcou a caída da ditadura e o retorno da democracia ao país veciño en 1974, e a chamada Revolución Galega de 1846, que rematou un 26 de abril de aquel ano co fusilamento dos chamados “Mártires de Carral”.
Como vén acontecedendo cada vez que chove con certa continuidade, entre onte e esta mesma mañá rexistrouse un novo episodio de vertidos e fedores nauseabundos no comezo da Rúa Bartolomé de las Casas, na parroquia de Nós, procedente da obsoleta rede de saneamento que dá servizo á zona.
O deputado do BNG no Parlamento de Galiza Xosé Luís Rivas Cruz, "Mini", achegouse este mediodía á parroquia de Nós, en Oleiros, para coñecer sobre o terreo os constantes problemas coa rede de saneamento que padecen veciñas e veciños da zona da Gándara, especialmente no inicio da Rúa Bartolomé de las Casas, desde hai máis dunha década.
Unha vez coñecida onte a publicación no BOE da saída a exposición pública do proxecto de reordenación do tránsito na zona do cruzamento do antigo Sol y Mar, en Perillo, o BNG de Oleiros estuda xa os detalles do proxecto dado a coñecer polo Ministerio de Fomento con vistas a presentar alegacións propias, se fose o caso, ou apoiar aquelas que puidesen chegar a promover veciñanza ou colectivos sociais.
Recollendo a solicitude formulada pola Asociación veciñal Oza-A Gaiteira-Os Castros deste barrio coruñés, o BNG – Asembleas Abertas de Oleiros dará traslado ao pleno municipal que se celebra mañá dunha moción pola que se propón rexeitar a instalación dunha planta de almacenaxe e pre-tratamento de aceites industriais e hidrocarburos no peirao coruñés de Oza.
A mañá de cada día 6 e cada día 24 de mes séguese a celebrar feira en Oleiros, na contorna da Praza da Rabadeira da capital municipal. Unha feira na que no seu día mesmo se chegou a vender gando, como recordan aínda algunhas persoas, mais que hoxe en día sobrevive a duras penas, moi minguada nas súas dimensións e na súa oferta.