Novas
O BNG traslada ao Parlamento de Galiza deficiencias no PAC de urxencias de Santa Cruz
07/xul./2022
Estas deficiencias veñen sendo denunciadas polo propio persoal do PAC desde o ano 2018. A deputada nacionalista Mercedes Queixas achegouse ao centro de saúde da localidade para recoller tamén outras necesidades da rede de atención primaria en Oleiros.
Ademais, o Bloque alertará na Cámara autonómica da falta de medios materiais con que contan as matronas para impartir as clases de iniciación ao parto.
Nova pintada homofóbica no municipio, no peirao de Santa Cruz
15/feb./2022
Unha nova pintada lgbtifóbica vén de aparecer en Oleiros. Desta volta no peirao de Santa Cruz, un espazo moi frecuentado pola xente nova desta e outras localidades do municipio como punto de encontro e de lecer, especialmente nas tardes e noites dos fins de semana.
Uxío Pedreira Dans, novo responsábel local do BNG de Oleiros
04/xan./2022
A Asemblea Local da organización nacionalista vén de renovar o seu Consello Local por unanimidade. Pedreira, traballador das Bibliotecas Municipais de Oleiros, substitúe a tradutora Iria Taibo, que asume a vicerresponsabilidade local.